A gardería da Guarda realiza un exitoso simulacro de incendio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+
Simulacro

Simulacro

Esta mañá realizouse na gardería municipal da Guarda un simulacro de incendio. As profesoras e os 36 nenos e nenas, de idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos, tardaron un total de 3 minutos 55 segundos en evacuar o centro escolar, moi pouco tempo tendo en conta que algúns dos rapaces non saben aínda andar.

O simulacro comezou cando a cociñeira da gardería avisou á directora do centro, Salomé Alonso, de que había lume. Nese momento Alonso entrou na cociña para intentar extinguir o fogo, ó no ser quen, fixo sonar a alarma.

Nese momento todas as traballadoras da escola puxéronse a coordinar ós rapaces e rapazas. Tres delas recolleron ós nenos que aínda con camiñan e o resto guiaron ós nenos e nenas pola escola ata chegar ó exterior. Varios axentes da Policía Local do Concello tamén participaron na evacuación dos nenos.

A concelleira de Servizos Sociais, Mª Teresa Vicente Baz, estivo presente durante o tempo que durou a actividade e mostrouse moi satisfeita polo pouco tempo invertido en desaloxar a gardería.

Tanto a dirección do centro como a Xunta esperan repetir o simulacro o ano próximo pero nunha época na que os nenos de un e dous anos aínda non saiban camiñar, xa que así a maneira de evacuar o centro será diferente.

14 de maio de 2015 | 19:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.