A gardaría de Ribadumia garante praza a un total de 92 nenos
A escola infantil de Ribadumia publicou hoxe as listas cos nenos admitidos para o vindeiro curso escolar 2015/2016. En total, admitíronse 92 alumnos, que tal é como afirmou a directora do centro, Carmen Abal, “todos os nenos empadroados en Ribadumia e que reservaron praza a tempo están admitidos no centro”.
Os pais poden consultar as listas na gardería ou no Concello de Ribadumia para coñecer se os seus pequenos foron admitidos, pero en principio, a menos de haber algún erro na inscrición, todos os presentados xa teñen reservada a súa praza.
Nesta ocasión, son 92 os nenos os aceptados no complexo infantil, e 43 deles de novo ingreso. Esta cifra repártese entre 16 novos nenos nados no 2015, 20 no 2014 e 7 no 2013.
A Escola Infantil 0 – 3 Municipal de Ribadumia ven atendendo unha demanda moi necesaria no municipio dende a súa inauguración no ano 2004. Nos seus comezos contaba tan só con tres aulas, unha por cada tramo de idade; sen embargo, despois de moito esforzo por parte do Concello por mellorar este servizo, na actualidade xa dispón de 7 aulas.
O custo da gardería depende, coma cada ano, da renda dos pais dos pequenos. O Concello leva xa un par de anos sen actualizar as taxas da Xunta, segundo a alcaldesa “tendo en conta situación económica actual, O Concello decidiu conxelar as taxas de momento”.
Para o seguinte curso, as familias que fixeron a reserva de praza deberán recoller a documentación para formalizar a matrícula na propia gardería e teñen de prazo máximo ata o 10 de xuño.











