publicidade hoxe

A Garda Civil detivo a dous xóvenes por varios roubos en Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarSucesos
A-
A+

A Garda Civil detivo a A.T.F.,  de 20 anos de idade e a A.B.R., da mesma idade e ambos os veciños de Gondomar, como supostos autores de dous delitos de roubo con forza. Por mor da denuncia presentada ante a Garda Civil o pasado mes de decembro sobre dous roubos nunha mesma cuadra de cabalos do referido municipio nas que, ademais de causar diversos danos e lesións a dous cabalos, apoderáronse dun xerador e un martillón, compoñentes da área de Investigación do Posto Principal de Baiona-Nigrán iniciaron as correspondentes investigacións. 

Na mañá de hoxe as referidas investigacións deron resultado positivo coa localización e detención de dous dos supostos autores, que foron conducidos ás dependencias oficiais para a instrución das dilixencias. No transcurso da instrución destas dilixencias impútaselle, tamén, a comisión destes delitos a JJ.T.F., de 22 anos de idade, veciño de Baiona e na actualidade ingresado no Centro Penal da Lama onde cumpre condena, ademais a este mozo impútaselle outro delito de roubo nunha vivenda do mesmo municipio o pasado mes de novembro. 

Os detidos, que contan con antecedentes policiais, quedaron en liberdade coa obrigación de presentarse no Xulgado de Instrución número SETE de Vigo, cando para iso sexan requiridos.

25 de maio de 2015 | 16:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.