publicidade hoxe

A Escola Municipal de Música Magariños de Brión celebra a segunda edición da Noite en Branco

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

A Escola Municipal de Música Magariños celebra A Noite en Branco da Magariños 2015 a partir das 22:00 horas. Unha noite que quere convertirse na participación dos veciños e veciñas de Brión e, crear unha forma de relacionarse en Brión cos distintos espazos culturais e sociais do Concello.

Cinco espazos e cinco concertos cunha programación con moita variedade de estilos, agrupacións e tamén con intérpretes solistas. A Biblioteca Pública Municipal, as Aulas da Escola Municipal de Música Magariños, Salón de Plenos do Concello, a Sala de Exposicións e o Salón de Actos do Centro Social Polivalente, serán os puntos de encontro coa cultura en xeral e da música en particular. Serán case 100 músicos da Escola e 50 músicos invitados e pertencentes á Banda Municipal de Música de Brión baixo a dirección de Jorge Rey Barca.

A Noite en Branco da Magariños 2015 comenzará ás 22:00 horas co Concerto “Lento” na aula 2 da Escola con alumnos de piano e cámara, e, rematará co último Concerto “Prestissimo” ás 00:00 horas coa participación da Banda de Música Municipal de Brión coma artistas invitados. Correrá a cargo dos alumnos dos Niveis II e III tanto do PEX (Plan Educativo Xeral) como do PEA (Plan Educativo de Adultos). A entrada é de balde ata completar aforo.

7 de maio de 2015 | 16:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.