A empresa galega Enfios Texgroup lanza nova colección dentro do proxecto co RCDeportivo da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Real Club Deportivo da Coruña e Enfios TEXGROUP presentan a nova colección “Fashion Collection” baixo a marca RCD. Esta nova liña de produtos abarcará máis de 20 produtos destinados a todos os afeccionados do club. Nela, poderemos atopar diferentes pezas que unirán a moda co deporte.

As primeiras pezas presentadas son dúas camisetas para home e neno que unen o deseño e a creatividade co mundo do fútbol. Esta nova colección deixa ver, unha vez máis, a aposta polo deseño e a exclusividade da empresa galega.

As dúas primeiras pezas xa están á venda, na Tenda Cooficial Online, no seguinte enlace: http://goo.gl/R0dH0g e a partir de mañá nas Deportiendas de Riazor e do Centro Comercial Marineda City.

Tamén se poderán atopar na Deportienda Móbil que mañá estará presente no XII Torneo Real Club Deportivo da Coruña – Liga BBVA en Abegondo.

15 de maio de 2015 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.