publicidade hoxe

A ED Burela FS abre a matrícula estreando a categoría de iniciación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

A ED Burela FS xa ten aberta a matrícula 2015-16 reforzando o seu coidado polos máis pequenos, coa incorporación da categoría de Iniciación para o novo curso, correspondente aos nen@s nacid@s en 2010 e 2011. A escola laranxa acollerá tamén grupos de Miniprebenxamín, Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil. O prazo estará aberto ata o martes 30 de xuño.

A inscrición continuará a ser gratuíta e a súa formalización realizarase nas oficinas do club (Avda. Arcadio Pardiñas, nº 91, baixo). Tamén se poderá descargar o formulario dende www.burelafs.org e envialo ao correo electrónico escuelasdeportivas@burelafs.org ou ao fax 982575147.

Un ano máis, as familias que matriculen máis dunha nena ou neno terán un 20% de desconto, a partir da segunda matrícula. A tramitación deberá ir acompañada de tres fotos tamaño carné e dúas fotocopias do DNI do neno/a. Pasaranse dúas cotas de 70 euros; os cargos realizaranse en outubro e febreiro.

Os alumnos/as da ED recibirán un pack deportivo con material de primeirísima calidade composto por chándal, sudadeira, bermuda, camiseta, mochila, dúas camisetas de adestramento, pantalón de adestramento e chaquetón. O sponsor oficial do club, Living Sport (Trapero Pardo, 14, Foz), encargarase de xestionar o material para cada neno/a (importe: 150 euros).

As persoas interesadas poden recibir máis información nas oficinas do club ou a través do número de teléfono 982 581 815.

5 de maio de 2015 | 13:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.