A Deputación de Pontevedra propón destinar 15.000 euros á sociedade Mares da Toxa para adquirir semente de ostra rizada
A Comisión Informativa de Pesca e Asuntos Marítimos da Deputación informou este venres da proposta de conceder unha axuda de 15.000 euros a Mares da Toxa, Sociedade Cooperativa Galega para cultivar ostra rizada. Mares da Toxa leva anos a traballar neste proxecto de preengorde da semente de ostra para garantir unha maior supervivencia do molusco. Cultivan as sementes en cestas que colgan nas bateas para que as ostras acaden un tamaño adecuado que lles permita defenderse dos seus depredadores, pasado ese tempo os bivalvos cultívanse de forma tradicional. Este proxecto desenvólvese en diversas bateas de Cambados desde 2007.











