A Deputación de Pontevedra destina 2.000 euros para acondicionar os vestiarios do campo de Ponte Sampaio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A deputada Ana Isabel Vázquez entregoulle esta mañá ós responsables da Asociación Xuvenil e Deportiva Verdugo a acta da resolución presidencial pola que se lle conceden 2.080 euros para adquirir material e equipamentos para a entidade.

O tesoureiro da asociación, Fernando Crespo, e o coordinador deportivo, Alejandro Torres, destacaron que “esta é a primeira axuda que reciben e que a van destinar á adquisición de diverso material deportivo, como redes para as porterías, pero sobre todo para arranxar os vestiarios do campo que teñen máis de 40 anos”.

A Asociación Xuvenil e Deportiva Verdugo conta con máis dun cento de nenos que participan nas actividades organizadas pola entidade, aínda que esta axuda beneficiará a máis de 300 persoas. Diversos grupos de afeccionados de fútbol, equipos de veteranos e o club Unión Sampaio tamén empregan estas instalacións deportivas habitualmente.

5 de maio de 2015 | 17:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.