A Deputación de Pontevedra concede 6.000 euros para o XVII Torneo Internacional de Fútbol Benxamín “Cidade de Pontevedra”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A deputada Ana Isabel Vázquez entregoulle esta mañá ó presidente da escola Portero 2000, Manuel Sánchez Gori, a acta presidencial pola que se lle concede unha axuda de 6.000 euros para organizar o torneo que terá lugar o vindeiro mes de xuño.

Equipos coma o FC Barcelona, o Sporting de Xixón, o Deportivo da Coruña, o Celta ou o Valladolid CF xa confirmaron a súa presenza nos campos da Xunqueira os días 13 e 14 de xuño. Tamén estarán presentes outros equipos internacionais coma o Porto, o Benfica ou o Sporting de Lisboa. En total 20 equipos de toda a xeografía peninsular competirán na fase final dun torneo que, na súa decimo sétima edición, reunirá na cidade de Pontevedra máis de 500 rapaces, así como os equipos técnicos e directivos dos clubs participantes.

Salgueiros, ED Arousa, Coruxo, Pabellón, Oroso, Santa Minia e Cuntis tamén confirmaron xa o seu pase á final, tras os resultados acadados na fase previa disputada o pasado 1 de maio.

Manuel Sánchez destacou a importancia que ten a axuda da institución provincial para o desenvolvemento deste torneo, de destacada relevancia para o deporte pontevedrés.

21 de maio de 2015 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.