A Deputación de Pontevedra concede 150.000 euros ao Concello de Tui para melloras en pavimentacións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

A Deputación de Pontevedra concedeu 149.255 euros ao Concello de Tui ao abeiro do Plan Provincial de Obras e Servizos para levar a cabo catro melloras na pavimentación en distintos lugares do termo municipal.

Por unha banda a entidade provincial concedeu unha achega de 52.744,66 euros para a mellora da pavimentación no lugar Estrada, Randufe. Outra partida de 28.897,98 euros irá destinada ao lugar de Outeiro, tamén en Randufe. Un total de 30.267,62 euros estarán dirixidos para mellorar a pavimentación no acceso ao Monte das Penizas dende o Rapadouro, en Paramos, e finalmente, a Deputación entrega ao Concello de Tui 37.345,62 euros para investir en melloras no lugar de Fonteseca, en Pexegueiro.

26 de maio de 2015 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.