A Deputación de Pontevedra concede 105.000 euros ao Concello de Tui ao abeiro do Plan Provincial de Obras e Servizos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

A Deputación de Pontevedra concedeu 105.991,49 ao Concello de Tui ao abeiro do Plan Provincial de Obras e Servizos para tres actuacións no termo municipal. Por unha banda a entidade provincial concedeu unha achega de  46.506,63 euros para a mellora da pavimentación no lugar da Devesa en Rebordáns e outra de 26.494,86 euros para a realización dun Parque Infantil no lugar de Montiño en Rebordáns. Tamén o Concello de Tui recibirá unha subvención de 32.990 euros para a adquisición dun piano de cola. 

21 de maio de 2015 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.