A Deputación de Pontevedra colabora coa Sociedade Deportiva Monteporreiro
A deputada Ana Isabel Vázquez entregoulle esta mañá unha axuda de 1.500 euros á Sociedade Deportiva Monteporreiro para afrontar os gastos derivados da organización da quinta edición do torneo de fútbol que o equipo desenvolveu durante a Semana Santa, un torneo no que participaron 32 equipos de fútbol de toda a provincia nas categorías benxamín e alevín.
Segundo puxo de manifesto o tesoureiro do club, Antonio Sabarís, esta axuda económica permítelles “pagar a instalación dunha carpa no campo, e os árbitros que asistiron ós partidos disputados”.
A SD Monteporreiro conta na actualidade con máis de 170 futbolistas, ademais de directivos e equipos técnicos, que desde os 4 anos gozan da práctica do fútbol nalgunha das oito categorías deportivas nas que compite o club: biberón, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil e afeccionado.











