A Deputación de Pontevedra aproba a adhesión de 38 concellos e a adxudicación de 1.795 prazas do programa Coidarte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra aprobou o venres, na súa Xunta de Goberno, a adhesión de 39 concellos da provincia ó programa de termalismo social Coidarte 2015 e adxudicou 1.795 prazas deste programa dirixido a pensionistas, persoas que precisen dun respiro familiar e maiores de 50 anos.

Coidarte ten como obxectivo fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida dos beneficiarios así como impulsar a creación e o mantemento do emprego no sector turístico nos períodos de menos actividade deste sector para desestacionalizar a demanda.

O programa oferta balnearios, spas e talasos da provincia a prezos reducidos, cunha subvención da Deputación á que se suma a dos 38 concellos adheridos. Os beneficiarios gozarán de cinco días consecutivos (de luns a venres) no balneario, nos que farán uso das súas instalacións durante dúas horas cada día.

23 de maio de 2015 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.