A Deputación de Pontevedra apoia ao Club Galaico Sincro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A deputada Ana Isabel Vázquez entregoulle esta mañá á presidenta do equipo pontevedrés a resolución presidencial pola que se lle conceden 5.000 euros para financiar a súa participación en ligas e competicións oficiais. Fundado en 1994, o  Club Galaico Sincro conta na actualidade con preto dun cento de nadadoras que, ademais de manterse na elite da natación española, adestran para estar en Europa. “Para nós esta subvención é esencial porque non hai patrocinios privados e as axudas das administracións son fundamentais para poder competir”, afirmaba Belén Álvarez ó poñer como exemplo os elevados gastos ós que teñen que facer fronte para acudir a citas destacadas coma o Campionato de España.

O Club Galaico Sincro é o único equipo galego que participou o pasado mes de marzo en Valladolid no Campionato de España de inverno júnior e sénior.

A presidenta do club di que o equipo afronta o final de temporada co obxectivo de mellorar os resultados. “Queremos clasificar a dúas nadadoras entre as 25 primeiras de España en categoría infantil para poder ter opción de ir á copa europea”. A nadadora Elisa Seoane ocupa neste momento o posto 11 da clasificación nacional e Reyes Gómez está no 25.

11 de maio de 2015 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.