A Deputación de Ourense e a Asociación de Libreiros reivindican a importancia da lectura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Reunión Baltar e a Asociación de Libreiros

Reunión Baltar e a Asociación de Libreiros

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial aos directivos da Asociación de Libreiros de Ourense Pilar Rodríguez e Francisco Negro con quen concordou en continuar coa colaboración para reivindicar a importancia da lectura. Precisamente, nesta liña de apoio ao fomento e promoción literaria, a Deputación de Ourense contará na vindeira Feira do Libro de Ourense cun stand propio en dito evento.

Os directivos da asociación e o presidente do goberno provincial exploraron ademais novas posibilidades de colaboración para fomentar a lectura, e unha delas será que o Termalismo terá un destacado protagonismo nas feiras do libro de Galicia deste ano.

Manuel Baltar animou aos libreiros a celebrar feiras similares noutros puntos da provincia de Ourense e salientou que neste mes de maio “debemos facer especial fincapé na literatura galega e na importancia de Ourense neste espazo literario”.

4 de maio de 2015 | 19:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.