publicidade hoxe

A Deputación da Coruña inviste 194.000 euros en mellorar a seguridade viaria nos municipios de Carral e Coirós

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCarralCoirós
A-
A+

A Deputación da Coruña subvencionará con ata 194.000 euros diversos traballos para mellorar a seguridade viaria nos concellos de Carral e Coirós. No primeiro dos municipios, construirase unha intersección con carril central na N-550 que permitirá dar acceso ao IES de Carral. Esta actuación ocupará unha superficie de 3.700 metros cadrados para permitir que o cruce teña un carril central e un cambio de sentido na marxe esquerda do punto quilométrico 16,750 da N-550, á entrada ao núcleo do municipio. A Deputación asumirá en solitario o custe desta obra, que ascende a 150.000 euros.

En Coirós, en cambio, incrementarase a seguridade viaria mediante a mellora do alumeado público nos viarios, así como nas instalacións municipais. Para iso, dotarase ao municipio de novos equipos de eficiencia enerxética, o que permitirá reducir o consumo (calcúlase un aforro do 70%) ao tempo que mellora a calidade do servizo.

Os puntos de iluminación obsoletos de Lapela se sustituirán por Led, e en Coirós de Abaixo e Anta incorporarase cableado trifásico para sustituir ao actual monofásico.

Neste caso, a Deputación fará unha achega de 43.988,8 euros, o que representa o 80% do orzamento total, 54.985,23 euros.

Melloras de saneamento en Oza-Cesuras

No concello de Oza-Cesuras, levaranse a cabo obras de saneamento no lugar de Mondoi. O obxectivo é construír unha rede de augas residuais, canalizando as fecais a través dun colector e continuando coa rede de saneamento xa existente para incrementar o número de veciños aos que se lle dá servizo.

O orzamento desta obra é de 78.203,17 euros, dos que o 80% (62.562,54 euros) serán asumidos pola institución provincial.

4 de maio de 2015 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.