A Deputación concede 10.000 euros para o Club Balonmán Pontevedra
A deputada Ana Isabel Vázquez recibiu esta mañá, no Pazo provincial, o presidente do Club Balonmán Pontevedra para entregarlle a acta presidencial pola que se lle concede unha axuda de 10.000 euros para contribuír á participación do equipo en ligas e competicións oficiais.
O Club Balonmán Pontevedra conta na actualidade con tres equipos base e un equipo en categoría sénior. “Sen esta axuda non sería posible competir, porque só para arbitraxes, en cada partido na casa, temos uns 700 euros de gastos, e referíndonos só ó equipo sénior”, sinalou o presidente do club.
O equipo xa conseguiu, á metade de temporada, o obxectivo de manter a categoría, pero os dirixentes traballan xa na preparación do ano que vén. “Para a próxima temporada queremos dar un salto cualitativo e intentar meternos na fase de ascenso. Temos que reforzar o cadro de xogadores mentres a base segue a medrar”.











