A Deputación aproba 170.000 euros do PPOS 2015 para obras de mellora na avenida Reverendo J. M. Pérez de Nigrán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigránPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra aprobou este venres conceder 170.626 euros ao Concello de Nigrán para obras de mellora na avenida Reverendo J. M. Pérez.

Segundo o proxecto da Xunta de Goberno vaise renovar a capa de rodaxe do firme e cambiaranse as lousas naquelas zonas das beirrúas que se atopen en mal estado de conservación.

Así mesmo, a actuación aprobada polo organismo provincial dentro do PPOS 2015 inclúe renovar a sinalización horizontal que regula o tránsito viario por esta avenida.

No acordo da Deputación de Pontevedra considérase unha actuación necesaria para mellorar a seguridade no lugar, tanto para a circulación de vehículos como para a de peóns. 

8 de maio de 2015 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.