A Delegación Territorial da Xunta na Coruña súmase á colecta anual da AECC

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA Coruña
A-
A+
Belén do Campo na visita a mesa da AECC

Belén do Campo na visita a mesa da AECC

A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, visitou hoxe na Coruña a mesa instalada pola Asociación Española contra o Cancro na entrada do edificio administrativo da Xunta en Monelos, con motivo da colecta anual a prol da entidade, que destinará os fondos recadados á investigación.

A máxima representante do Executivo autonómico na Coruña trasladou aos representantes da organización, que na nosa provincia preside Elena Viturro, o apoio ao seu labor e aproveitou para facer un recoñecemento ao grande esforzo feito polos familiares destes pacientes e polos profesionais da asociación na que se integran, “cos que é necesario traballar e colaborar”.

6 de maio de 2015 | 14:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.