A Coruña acolle a X Copa Cidade da Coruña de Taekwondo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportesDeportes Portada
A-
A+
Presentación da proba deportiva

Presentación da proba deportiva

O Concello da Coruña, a través da área de Deportes que dirixe Francisco Mourelo, informa da celebración, o vindeiro sábado, 16 de maio, da X edición da Copa Cidade da Coruña de Takwondo no polideportivo municipal dos Rosales.

O evento, organizado pola escola de Taekwondo Garrapucho de forma conxunta coa Federación Galega de Taekwondo e o Concello da Coruña, conta coa participación de 32 equipos de Galicia, Cantabria, Castela e León, e Portugal e reúne a 500 deportistas do máis alto nivel internacional. En concreto, competirán as categorías cadete, junior e infantil (entre os que se atopan medallistas nacionais) co sistema de Petos Electrónicos que se utilizará nos próximos Xogos Olímpicos.

A cita celebrarase de 9.00 a 20.00 horas e terá un marcado carácter benéfico, xa que se promoverá que tanto os deportistas como os asistentes como público doen 1 quilo de comida non perecedoira para entregarlla á Cociña Económica da cidade.

12 de maio de 2015 | 11:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.