publicidade hoxe

A construción da primeira escola infantil de Neda comezará a próxima semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

As obras de construción da primeira escola infantil de Neda darán comezo a próxima semana. O alcalde, Ignacio Cabezón, informaba de que esta mesma mañá o Concello asinaba o contrato correspondente con Construcciones Anllar, a empresa adxudicataria dos traballos de acondicionamento da antiga escola unitaria do Empedrón para habilitar nela este servizo. Traballos orzamentados en 182.000 euros que financia ao 100% a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

O proxecto elaborado polos servizos técnicos municipais contempla o acondicionamento das dúas prantas –baixa e primeira-, que suman 264,62 metros cadrados construídos e 218,85 útiles. A pranta baixa constará dunha aula de preto de 40 metros cadrados para nenos e nenas de cero a un ano; unha aula múltiple de algo máis de 32 metros; un aseo adaptado; cociña; un cuarto para os carriños e un hall de entrada. A pranta alta disporá de dúas aulas –unha para nenos de un a dous anos de 39,12 metros e outra para rapaces de dous a tres de 42,59 metros; un cuarto de máquinas; dous aseos adaptados, o cuarto de administración e hall. O inmoble tamén contará con ascensor.

En paralelo, trabállase na licitación da xestión coa intención de axilizar o máximo posible os prazos.

13 de maio de 2015 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.