A concellería de turismo de Ferrol continuará en xuño co programa de visitas guiadas ao Pazo de Capitanía Xeral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Concellería de Turismo do Concello de Ferrol, que dirixe María del Carmen García Fraga, informa da continuación do programa de visitas guiadas ao Pazo de Capitanía durante o vindeiro mes de xuño. Así, o día 6 de xuño, un total de 40 persoas poderán percorrer o interior deste emblemático inmoble de gran valor patrimonial, histórico e cultural; e farano en dúas quendas de 20 visitantes cada unha: a primeira ás 11:30 horas, e a segunda ás 12:15 horas.

Esta limitación da entrada de público nas instalacións da que fora durante anos a sede da Zona Marítima do Cantábrico responde a motivos de seguridade e comodidade para poder apreciar todas as estancias deste emblemático edificio. As persoas interesadas en participar nesta visita guiada programada para o vindeiro día 6 de xuño deberán anotarse na dirección de correo electrónico ferturguias@yahoo.es ou chamar ao número de teléfono 696 531 070 para reservar praza.

Estas visitas guiadas para o público a Capitanía teñen unha duración aproximada de 45 minutos e son de carácter gratuíto grazas á colaboración aberta entre o Concello de Ferrol e a Armada.

14 de maio de 2015 | 18:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.