A Comisión de Vías e Obras da Deputación aproba a construción dunha senda peonil entre na Laracha

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA Laracha
A-
A+

A mellora da seguridade viaria na CP 0514 entre Xermaña e Caión foi aprobada onte pola comisión de vías e obras da Deputación da Coruña, o paso previo imprescindible para levala posteriormente a pleno.

O proxecto ten por obxectivo a construción dunha senda peonil de preto dun quilómetro de longo alternándose por ambas marxes dende o lugar de Alvite e en dirección ao núcleo urbán de Caión.

As obras inclúen a ampliación da plataforma da estrada, a mellora do pavimento, a renovación da rede de recollida de augas pluviais, completando a existente, e a instalación de novas canalizacións para telefonía e alumbrado. Ademais, o proxecto inclúe nova sinalización viaria, colocación de varandas e barreiras de seguridade, así como a reposición dos peches das fincas afectadas.

Actualmente non existe ningún tipo de espazo reservado para peóns nesta estrada que permita o tránsito dos veciños entre os lugares de Alvite,  Cimadevila e Xermaña e a unión de todos eles con Caión; polo que existe un risco para os máis de 200 residentes que hai na contorna. A solución, polo tanto, é a construcción desta senda que terá de dous a dous metros e medio de ancho, segundo a zona, chegando incluso aos 3,5 nos entornos onde se habilita aparcamentos para os veciños.

O proxecto inclúe tamén o pintado da estrada, con pasos de peóns, e a delimitación das prazas de estacionamento. O orzamento previsto é de 307.957,60 euros.

21 de maio de 2015 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.