A “Casa de Correos” de Arzúa rehabilitarase para fins culturais
O Xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, e o alcalde de Arzúa, JoséLuis García, mantiveron un encontro no día de onte para analizar posibles ámbitos de intervención a realizar no municipio. O encontro veu motivado a raiz dunha reunión celebrada no pasado mes de abril entre Turismo de Galicia e o Ministerio de Fomento xunto cos alcaldes que integran a Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés para acordar os investimentos que o Ministerio acometerá de inmediato neste itinerario xacobeo.
Nos orzamento do Estado para este ano 2015 a dirección xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo do Ministerio de Fomento contempla un investimento plurianual superior aos 2.000.000 de euros para intervencións de interese cultural nestes concellos do Camiño Francés, único dos itinerarios xacobeos declarado Ben de Interese Cultural e Patrimonio Mundial.
No marco deste acordo,o alcalde de Arzúa e o Xerente do Xacobeo acordaron o acondicionamento da coñecida como Casa de Correos de Arzúa; a actuación levarase a cabo nas vindeiras datas e será realizada entre as administracións públicas implicadas, que definirán tamén o alcance das intervencións.
Agora toca iniciar os trámites administrativos e determinar o uso que finalmente acollerá o inmoble, que deberá ser, en todo caso e tal e como determina o Ministerio de Fomento, de carácter cultural.
A procura de financiamento para o acondicionamentodeste inmoble, ubicado en pleno casco histórico, foiunhadas loitas do alcalde de Arzúaao longo destes anos, que xanun dos últimos plenos celebrados nalocalidadepropuxo a aprobación dunha moción na que se contemplaba solicitar a cesión do inmoble para o Concello de Arzúa e a busca dun uso axeitadoás características da edificación e ás necesidades veciñais.