A Casa das Ciencias celebra o próximo fin de semana o seu 30 aniversario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Concellaría de Cultura, a través dos Museos Científicos Coruñeses, informa das actividades que se organizarán o próximo fin de semana con motivo do 30 aniversario da Casa das Ciencias.

A Casa das Ciencias abriu as súas portas ao público o 1 de xuño de 1985. Para celebrar o seu 30 aniversario, preparáronse diversas actividades, que se desenvolverán o fin de semana do 30 e 31 de maio, adiantando a celebración para que poidan gozar máis persoas da programación.

Sábado, 30 de maio

Observación astronómica popular. Convocatoria pública para gozar das marabillas do ceo nocturno a través dos telescopios de astrónomos afeccionados de toda Galicia. Desenvólvese coa colaboración da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. Ás 22.00 horas, no Parque de Santa Margarita.

Domingo, 31 de maio

Xornada de portas abertas na Casa das Ciencias, de 10.00 a 19.00 horas.

Programación especial de Planetario

11.00 horas – Bacteria Mutante (galego)

12.00 horas – Deep Sky (castelán)

13.00 horas – A nena que sabía camiñar ao revés (castelán)

16.00 horas – Noite estrelada no museo (castelán)

17.00 horas – A noite do vampiro (galego)

18.00 horas – Unha noite de primavera (galego)

As invitacións pódense recoller (un máximo de dúas por persoa) media hora antes do comezo de cada sesión

Maxia na Casa das Ciencias. Ás 19.00 horas, nos exteriores da Casa das Ciencias. Actuación para todos os públicos do mago Kiko Pastur, que presentará efectos de maxia e xogos utilizando algúns dos elementos máis soados do museo, como imáns, péndulos, ovos ou pollitos. Un espectáculo participativo ideado para fomentar a diversión e a capacidade de asombro do público e tamén para celebrar os 30 anos de historia deste máxico lugar.

25 de maio de 2015 | 13:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.