publicidade hoxe

A Casa da Cultura de Neda acolle a representación da obra teatral “PAN! PAN!”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioNeda
A-
A+

No marco da programación de actos previstos polo Concello para conmemorar o Día das Letras Galegas, a Casa da Cultura acollerá este sábado, 9 de maio, a representación teatral da obra PAN! PAN! a cargo da compañía A Panadaría. Dará comezo ás 20 horas, con entradas ao prezo de dous euros.

PAN! PAN! é unha parodia, con música vocal en directo, dos westerns americanos. Conta a historia de Harry, un cowboy que viaxa de Mississippi a Arkansas perseguindo a un indio salvaxe que roubou á súa muller, da que está profundamente namorado. En escena, tres actrices constrúen oito personaxes, cinco espazos e toda a música do espectáculo axudadas só por unha bandeira dos EEUU. A comedia fai unha caricatura dese mundo sen lei dos ranchos vaqueiros, as fedorentas cantinas e os desertos cheos de perigos. Como nunha película do Far West haberá whisky, balas e country. Amor e vinganza a partes iguais!

A función inclúese no programa Cultura no Camiño, da Consellería de Cultura.

6 de maio de 2015 | 11:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.