publicidade hoxe

A Casa da Cultura de Lousame acolle unha mostra de sesenta imaxes do XI Premio de Fotografía Luís Ksado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+
Algunhas fotografías da exposición

Algunhas fotografías da exposición

A sala de exposicións da Casa da Cultura “Santeiros de Chave” de Lousame acolle a exposición do XI Premio de Creación Fotográfica Luís Ksado, que convoca cada ano a Deputación da Coruña. Unha mostra que consta de sesenta fotografías e que poderá visitarse en Lousame ata o próximo 10 de xuño.

A exposición está integrada polas imaxes da colección gañadora do certame: “Ata que chegue a auga”, do fotógrafo Marcos Míguez; así como por outras cinco coleccións seleccionadas: “Commuter”, de Daniel Díaz; “Guerra casa por casa en Alepo”, de José Manuel López Pérez; “En la barra”, de Isra Cubillo; “Isla”, de José Luís Moreno Gámez; e “Caminos a Santiago”, de Alberto Paredes Peña.

26 de maio de 2015 | 18:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.