A Cámara de Comercio de Lugo expón o censo para as eleccións da entidade ata o 27 de maio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo expón a partir de hoxe venres e durante un prazo de 20 días naturais, ata o vindeiro 27 de maio, o censo cameral para as futuras eleccións da entidade, segundo o acordo acadado pola Comisión Xestora. Conforme á normativa vixente, poderán participar no proceso electoral para restituír os órganos de goberno do ente un total de 31.692 empresas, todas aquelas da demarcación territorial dadas de alta no imposto de actividades económicas (IAE) con data 1 de xaneiro de 2015.

O censo electoral pode consultarse nas oficinas da Cámara de Lugo no edificio Forcam (Cantigas e Frores, 31), así como nas dependencias da Consellería de Economía e Industria en Lugo (Ronda da Muralla, 70). Do mesmo xeito, o documento tamén está dispoñible para a súa consulta en liña, na páxina web do Consello Galego de Cámaras (camaras-galicia.com).

Os interesados poden presentar reclamacións ao censo desde o inicio da súa exposición ao público ata dez días hábiles despois do fin do prazo de consulta, é dicir, ata o vindeiro 8 de xuño.

8 de maio de 2015 | 16:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.