publicidade hoxe

A brasileira Tainã desvincúlase do Burela FS

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

A brasileira Tainã Franciele dos Santos desvincúlase do CD Burela FS Pescados Rubén por motivos persoais; a ala-pivote que recalou na Mariña a comezos da tempada, procedente do Aurora de San Petersburgo, non disputará a recta final da liga co conxunto laranxa.

Tainã despídese de Burela dando as grazas pola acollida da Mariña: “Agradézolle ao club a oportunidade de xogar no fútbol sala español e á vila de Burela e a afección o apoio amosado dende que cheguei”.

O CD Burela FS Pescados Rubén deséxalle a ata agora xogadora laranxa sorte na súa nova andadura.

18 de maio de 2015 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.