A Biblioteca Municipal de Vilagarcía quentarase con biomasa a partir de outono
A Biblioteca Municipal Rosalía de Castro será a segunda instalación pública municipal que utilizará a biomasa como fonte de combustible para o seu sistema de calefacción. O Concello vai sacar a licitación a adquisición dunha caldeira de pellets para substituír o actual sistema a base de gasoil. A medida enmárcase nas accións de eficiencia e aforro enerxético que está a desenvolver o Concello e suporá unha considerable redución dos gastos por compra de combustible.
O investimento preciso para adquirir a caldeira de biomasa ronda os 30.000 euros que se financiarán coa subvención do INEGA e con fondos municipais. A axuda ascende a 20.000 euros. Polo que o Concello terá que achegar os 5.000 restantes.
A caldeira instalarase no habitáculo no que se atopa a maquinaria actual e o depósito de gasoil. A colocación precisará dunha pequena reforma. A da Biblioteca da rúa Rey Daviña será a segunda caldeira de biomasa coa que contará o Concello. A primeira instalouse o ano pasado na escola Municipal Bernardo del Río a eficacia de funcionamento unido ao aforro que supón, fixo que o goberno siga aportando por este tipo de sistemas que funcionan coa combustión de pellets (virutas de madeira prensadas).











