publicidade hoxe

A biblioteca de Santa Cruz acolle a presentación da obra de Pepe Sendón «Falando Claro»

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioOleiros
A-
A+

O próximo luns 1 de xuño a biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz acolle a partir das 18.30 horas a presentación da obra Falando Claro, de Pepe Sendón. Durante este acto intervirá o propio autor, quen fará un achegamento ao contexto histórico desta apaixonante obra. Ademais proxectarase un vídeo documental no que se ilustra con imaxes documentais a figura do anarquista Claro José Sendón Lamela. Deste xeito o relato percorrerá a Semana Tráxica arxentina, os anos 20 en Nova York, o Crack de 1929 e a posterior Gran Depresión. Tamén achegará aos asistentes o contexto da II República española narrando diferentes episodios do anarquismo galego, nos días previos á sublevación militar e, finalmente, na Guerra Civil española.

29 de maio de 2015 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.