A Banda Municipal de Música interpreta as bandas sonoras máis coñecidas da historia do cine en Santa Marta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

A Banda Municipal de Música de Santiago trasládase este domingo 24 de Maio, ás 12:30 horas, á Sala Agustín Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta. Alí realizará un concerto con entrada de balde ata esgotar o aforo.

O repertorio que interpretará a Banda Municipal, baixo a batuta do director adxunto, Casiano Mouriño, repasará algunhas das bandas sonoras orixinais de películas históricas do cine, comoStar Wars, Superman, Harry Potter, Piratas do Caribe ou Indiana Jones. En todas elas poderemos gozar dunha selección representativa de imaxes de cada filme.

22 de maio de 2015 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.