A Banda Municipal de Lugo celebra o Día das Letras Galegas con un concerto na Praza Maior
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, da que é responsable Carmen Basadre, organiza este domingo, día 17, un concerto da Banda Municipal de Lugo especialmente adicado ó Día das Letras Galegas.
A Banda Municipal actuará baixo a dirección de Rosendo Ivorra Jover e co acompañamento de Xulián Villamor Regueiro como gaita solista.
O concerto terá lugar na praza Maior, ás 12.00 horas, e desenvolverase dacordo co seguinte programa:
– Recordo nº 9 (pasodobre), de Cambeses
– Almuiña (muiñeira con preludio), de J. Carracedo
– A Fooliada (cadro sinfónico galego), de Chané-Varela
– Noites da lúa na praia (bolero para gaita), de E. Campos
– Rumba para Susi (para gaita e bnada), de E. Campos
– A ruliña (xota galega), de I.F. Groba.











