publicidade hoxe

A baía de Mera acolle unha regata de traiñeiriñas este domingo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesOleiros
A-
A+

A baía de Mera acolle este domingo a partir das 12 horas unha regata de traiñeiriñas organizada polo club Centro Deportivo Mariñeiro de Mera coa colaboración do Concello de Oleiros. Trátase dunha proba decisiva de cara ás regatas clasificatorias para o Campionato Galego. Aínda que o cadro de participantes non está pechado, xa confirmaron a súa presenza en Mera máis de 12 embarcacións, segundo sinalou a organización.

Perillo, Mugardos e Puebla parten como principais favoritos para facerse co triunfo. Pero as características da baia fan desta regata unha proba diferente a todas as demais, xa que as súas movidas augas poden facer que outras embarcacións loiten polo triunfo.

15 de maio de 2015 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.