publicidade hoxe

A autopsia determinará a causa da morte dun ciclista en Cambre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreSucesos
A-
A+
Europa Press

A Garda Civil está á espera dos resultados da autopsia para aclarar os motivos da morte dun ciclista nunha estrada do municipio de Cambre, na provincia da Coruña, segundo informaron fontes deste corpo. Sobre as 16,48 horas deste domingo a Central de Coordinación do 061 e o persoal do CAE 112 Galicia recibiron o aviso dun particular que se atopou cun ciclista tendido na estrada que une Carral con Cambre, concretamente na parroquia de Brexo.

Ata o lugar desprazouse unha ambulancia asistencial, unha medicalizada e persoal sanitario do PAC de Cambre, que confirmaron que se trataba do corpo sen vida dun home, duns 40 anos de idade e identificado como V.L.L..

Polo momento, os investigadores descoñecen as causas do falecemento e barállanse, por iso, distintas hipóteses, entre elas que o ciclista caese ao chan e sufrise un golpe. Este e outros extremos é o que os investigadores esperan que aclare a autopsia.

18 de maio de 2015 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.