publicidade hoxe

A Asociación de Xubilados e Pensionistas de Palas de Rei renova directiva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPalas de Rei
A-
A+

O xoves14 de maio, a Asociación de Xubilados e Pensionistas de Palas de Rei celebrou a tradicional comida anual de socios no Pavellon Polideportivo Municipal, que contou coa presencia de representantes municipais entre eles o alcalde da localidade, Pablo Taboada. Trala comida os máis de ao redor de douscentos participantes escoitaron as interpretacións musicais do interprete Suso de Boente. Ese día os membros de dita Asociación, en Asamblea Xeral, celebrada previamente a comida, decidiron renovar a Xunta Directiva da Asociación de Xubilados e Pensionistas quedando como segue:

– Presidente; Suso Rouco Paredes

– Vicepresidente; Vicente López Pardo

– Secretario; Eduardo Ares Vidal

– Tesorera; Fina Novo

– Vocal; Otilia Cardeiro

Tamén en dita Asamble Xeral de socios se fixo un análise pormenorizado das contas da Asociacións que se saldou con superavit orzamentario.

15 de maio de 2015 | 16:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.