A área de Economía recaba información sobre a satisfacción dos usuarios de Lugo para mellorar a atención nesta Concellería

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A área de Economía do Concello de Lugo, dirixida por Sonia Méndez, está a realizar unha enquisa co fin de contrastar o grao de satisfacción dos usuarios. O formulario, que se cubre de xeito anónimo, pódese recoller e entregar en Facenda Local e Tesourería. Neste formulario os usuarios poden expresar a súa valoración de distintos aspectos como poden ser a accesibilidade, localización e horario de atención das oficinas, obtención da información demandada, amabilidade do persoal ou o tempo que tiveron que empregar para realizar as xestións de que se trate.

A área de Economía realiza periódicamente este tipo de enquisas coa finalidade de coñecer o grao de satisfacción dos usuarios que acoden a estes servizos e dispor así da información que axude a adoptar medidas de mellora na atención ós cidadáns.

Esta acción encádrase no obxectivo de transparencia e calidade que rixen nesta Concellería, que lle levou a obter o primeiro certificado de calidade dunha oficina económica dos concellos galegos e a ser o número un en transparencia da organización Transparencia Internacional.

26 de maio de 2015 | 13:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.