publicidade hoxe

A Área de Cultura do Carballiño organiza unha visita á Biblioteca Pública Municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O próximo día 14, os rapaces do CEIP de Boborás, visitarán a BPM de O Carballiño dentro do programa “Coñece a túa Biblioteca”. O grupo estará formado por 59 nenos/as de entre 3 e 12 anos, que cursan os seus estudios no centro de ensino Nosa Señora de Xuvencos.

A Biblioteca recibirá aos nenos/as e mostraralle as súas seccións infantil e xuvenil, proporcionándolle unha breve explicación do seu funcionamento e, así mesmo, ofrecéndolle a posibilidade de facerse o carnet de lectores.

A continuación, no Salón de Actos da Casa da Cultura, terá lugar unha actividade de dinamización e fomento da lectura, na que Raquel Queizás, co seu espectáculo “A Orixe”, converterase nunha exploradora que chega á biblioteca para compartir as narracións escoitadas nas súas expedicións polo mundo.

12 de maio de 2015 | 13:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.