publicidade hoxe

A ‘Andaina Solidaria e Paseo Fotográfico en Familia’ recadará fondos para a construción de pozos de auga en Níxer

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

O Concello de Verín, xunto con UNICEF España, programan a terceira edición da ‘Andaina Solidaria e Paseo Fotográfico en Familia’, que terá lugar o sábado 30 de maio e está destinada a recadar fondos para axudar na construción de pozos de auga en diferentes localidades de Níxer.

Esta iniciativa está pensada para toda a familia -non hai límite de idade para a súa participación e os/as menores poden realizar esta andaina en mochila ou carrito-. A saída será ás 18 horas desde o Pavillón Municipal de Deportes de Verín, e cun total 6 quilómetros os/as asistentes desprazaranse ata o campo dos Remedios (Vilamaior), onde se realizarán xogos cooperativos para os/as participantes e os/as nenos/as tamén contarán con inchables.

Para participar na ‘III Andaina Solidaria e Paseo Fotográfico en Familia’, é necesario formalizar inscrición previa no departamento de Educación Familiar en horario de mañá (Casa da Xuventude, Avenida de Portugal, 11 bis, no correo electrónico educadorafamiliar@verin.net ou teléfono 988-414776) ou no Pavillón Municipal de Deportes de Verín (pabellon@verin.net ou teléfono 988-411140) e Escola de Familia Municipal (antigo Lavadoiro, 988-411468) durante a tarde.

A retirada de dorsal terá lugar o propio día 30 de maio, ás 17.30 horas -os/as participantes tamén recibirán avituallamento-, no propio Pavillón de Deportes, onde estará instalada unha urna na que se poderán realizar doazóns, que serán destinadas de modo íntegro para ‘Gotas para Níxer’, unha campaña de mobilización escolar en apoio ao programa de supervivencia infantil que UNICEF desenvolven en Níxer. O custe do dorsal é de 1 euro para adultos e 0,50 € para nenos/as. Devandito programa ten coma obxectivos principais promover o acceso a auga potable e a un saneamento axeitado do 60% da poboación, erradicar a poliomielite e eliminar as tétanos maternas e neonatais, elevar ata un 40% o número de partos atendidos por persoal cualificado e reducir o índice de desnutrición crónica infantil por debaixo do 25%.

Esta andaina realízaa o Concello de Verín conxuntamente coa Unidade de Prevención de Condutas Aditivas e Escola de Familia Municipal, coa colaboración de Sousas, Cabreiroá, Saudeter, Hortoverín SL e Foto Lucon.

12 de maio de 2015 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.