publicidade hoxe

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín realizará obradoiros de primeiros auxilios pola comarca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Ao longo dos vindeiros meses, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Verín promoverá a realización de obradoiros formativos de primeiros auxilios por diferentes municipios da comarca de Verín.

O primeiro deles terá lugar mañá venres 22, de 16 a 18 horas, no local social de Vilaza (Monterrei), a través da Escola Rural de Saúde da Limia. Baixo o título ‘Salva unha vida’, voluntarios/as da agrupación abordarán cuestións referentes á autoprotección fronte ao lume, cadea de supervivencia (Emerxencias 112), aplicación do PAS (protexer a zona, alertar a servizos de emerxencia e socorrer a vítima) e reanimación cardiopulmonar (RCP).

Esta iniciativa formativa continúa a liña de accións realizada pola Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Verín ao longo deste ano, no que xa se efectuaron  charlas de primeiros auxilios e salvamento acuático en centros educativos e na Piscina Climatizada de Verín.

21 de maio de 2015 | 13:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.