publicidade hoxe

Xuventude promove unha incubadora de proxectos para iniciativas de mozos e colectivos xuvenís

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de ArousaXuventude
A-
A+

A Concellería de Xuventude de Vilagarcía segue fomentando a participación xuvenil e a posta en marcha de iniciativas promovidas por e para a mocidade. Nesta ocasión, a través da Incubadora de Proxectos, unha actividade na que se informará e axudará a mozos individualmente, grupos ou colectivos a madurar as súas propostas, a como redactalas, presentalas e executalas. A Incubadora de proxectos está aberta a todos os interesados e celebrarase o día 17 de abril pola tarde no Concello.

O departamento que dirixe Sandra García promove a actividade que se desenvolve a través da Dirección Xeral de Xuventude. A Incubadora de Proxectos pretende ser unha ferramenta de traballo, enfocado a mozos e mozas que teñan previsto presentar propostas no marco dos programas de participación xuvenil, e busquen mellorar as súas competencias e destrezas en canto a redacción e execución de proxectos. O obxectivo é a consolidación destes programas como elementos dinamizadores do tecido asociativo, impulsores de iniciativas innovadoras e elementos valiosos no currículum non formal da mocidade.

A Incubadora de Proxectos celebrarase nunha única sesión a celebrar o venres, 17 de abril, de 19.30 a 21 horas na sala de xuntas do Concello. A Concellería anima a participar nela a animadores xuvenís, estudantes en xeral,. todos aqueles mozos, individualmente ou en grupo, así como asociacións interesados en programas de participación xuvenil.

A participación é de balde.

8 de abril de 2015 | 11:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.