Xornadas de alta cociña con retranca en Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

As Xornadas de Alta Cociña con Retranca son unha das iniciativas paralelas do Festival Internacional de Literatura e Arte con Retranca que, organizado pola Concellería de Cultura luguesa, se celebran por primeira vez este ano, do 6 ao 12 de abril, na cidade da muralla.

Concibidas como un complemento ás tapas retranqueiras que serven diversos establecementos da hostalaría local (rotulados “de bo humor garantido”), están deseñadas ex profeso para a ocasión polo chef Santi Almuiña, do Mesón Colón. Trátase de pratos que “non son o que semellan”, cuxos ingredientes, porén, o restaurador mantén en secreto “para non desbaratarlle a sorpresa” aos comensais e mesmo “potenciar” a súa imaxinación.

O menú retranqueiro do chef Almuiña inclúe:

– Berberechos ao sal con xenxibre confeitado.

– Lata de alcachofas con tonno de Quianti.

– Ostra confeitada con folla de holanda.

– Pastel de anemone de mar con crocante de congro.

– Morcilla de pescado azul.

– Atún ronnin.

– Arroz con leche versión.

Os locais “con bo humor garantido” que participan no Festival servindo tapas á Retranca son:

– Restaurante España

– Restaurante Antas

– Restaurante Campos

– Restaurante O Mercado

– Arroceiría Os Cachivaches

Ademais, o Festival ten a súa propia cervexa, “posiblemente a peor do mundo (ou non)”, chamada –por suposto- Retrancus, e elaborada artesanalmente.

8 de abril de 2015 | 22:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.