Xornada informativa en Pontevedra sobre o Voluntariado Europeo “Erasmus +”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Xuventude organiza esta fin de semana unha xornada informativa aberta a todos os públicos sobre o programa Erasmus +, Servizo de voluntariado europeo e intercambios xuvenís. Será este sábado, 11 de abril, no Pazo da Cultura. Nesta xornada informarase como viaxar por Europa a través de intercambios xuvenís e incluso facer unha larga estancia ata 12 meses co Servizo de Voluntariado Europeo. Todo elo de forma gratuita ou por un mínimo custo.

A xornada terá un compoñente expositivo e práctico mediante obradoiros e o intercambio de experiencias con voluntariado europeo que presta o seu servizo en Pontevedra. Está pensada para mozos entre 17 e 30 anos.

A xornada impartirase entre as 09.30 e as 13.30 horas e de 16 a 20 horas a cargo da Asociación Galega de Formación do Profesorado.

7 de abril de 2015 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.