publicidade hoxe

Xornada de portas abertas na Casa Museo de Cristóbal Colón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

O Concello de Poio a través da Concellaría de Cultura e a Concellaría de Turismo organiza unha Xornada de Portas Abertas á Casa Museo de Cristóbal Colón co fin de dar a coñecer este recurso turístico ós empresarios hoteleiros locais.

A Xornada terá lugar no museo adicado a Colón sito en Portosanto na parroquia de San Salvador este venres 24 de abril ás 13:00. O evento contará coa presenza do Alcalde do Concello de Poio D. Luciano Sobral Fernández e a Concelleira de Cultura Dna. Silvia Díaz Iglesias. A visita contará a súa vez coa presenza dun membro da Asociación Galicia Histórica co fin de expoñer as distintas teorías que abalan a orixe galega do descubridor. Nesta Xornada de Portas Abertas o Concello pretende achegar e dar a coñecer ós hoteleiros da zona este recurso turístico realizando unha visita guiada o mesmo para así coñecer polo miúdo as instalacións do museo.

Os empresarios que non podan asistir á xornada de portas abertas, terán a posibilidade de visitar o museo de Colón de luns a sábado en horario de 10:30 a 14:30 e polas tardes de 16:30 a 20:30.

23 de abril de 2015 | 19:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.