Xornada de Agricultura Sostible en Viñedo en Cambados
O sector vitivinícola é un dos motores económicos da bisbarra doSalnés, polo que este ano, por primeira vez, tres adegas cooperativas (Condes deAlbarei,Martín Códaxe Paco&Lola) xunto coas entidadesDelagro, cooperativa de segundo grao,eForvi, tenda agraria cooperativa, colaboraron para reunir nunha xornada informativa especializada a varios relatores que exporán para técnicos vitivinícolas e viticultores particulares as novidades en materia normativa e técnica de uso sostible de produtos fitosanitarios e maquinaria agrícola.
José Manuel Rodríguez, xestor de compras e vendas de produción vexetal deDelagro, dará a benvida aos asistentes ás 19:00 na Sala Xosé Peña, deCambados. Seguidamente, MercedesEspasandín, encargada do ROMA (Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola) e da ITEAF(Inspección técnica de equipos de aplicación de produtos fitosanitarios) daXunta, explicará as novidades na lexislación que afecta á inspección de maquinaria agrícola.
Afondará tamén en normativa aplicable aos usos sostibles en materia agroalimentariaFrancisco García, xefe de agricultura sostible de Syngenta, compañía biotecnolóxica con presenza en máis de 90 países que integra solucións eficaces en protección de cultivos, produción de sementes e loita biolóxica.
Con respecto aos aspectos máis prácticos do cultivo da viña,Eleuterio Málaga, xefe de expertos de campo deSyngenta, explicará os principios de calibración da viña, mentres queHugo Soares, xefe de produtos funxicidas da mesma compañía, mostrará o catálogo de produtos da viña deSyngenta.
Ás 21 horas,terá lugar aclausura da xornada cunha cata de viño español.
Delagro integra cooperativas de Asturias, Cantabria e Galicia. Fortemente asentada como central de compras, contacunha potente estrutura departamental en alimentación e produciónvexetale animal, automoción, fertilizantes, combustibles, etc., ao tempo que extendea súaactividadeás áreas de asesoramiento e mercadotecnia, entre outras.











