publicidade hoxe

Xoán Curiel presentará en Lousame o seu último disco ‘Magnético zen’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLousame
A-
A+

A Casa da Cultura de Lousame acollerá venres 10 de abril, ás 21.00 horas, un concerto do músico Xoán Curiel. O artista presentará na súa actuación, organizada a través das Concellarías de Cultura e Xuventude en colaboración coa Deputación da Coruña, o seu traballo titulado Magnético zen.

Neste último disco, Xoán Curiel amosa a súa particular “visión crítica do caos no que se atopa inmersa a sociedade actual”, segundo se detalla na web do artista. Os temas contan coa súa base de pop galego, mesturada con influencias da world music, amais de instrumentacións cálidas, arranxos atrevidos, lembranzas da música étnica e letras conectadas co presente.

O seu particular xeito de crear ten levado a Xoán Curiel a obter varios recoñecementos. O último, de carácter estatal, foi o Premio ao Mellor Álbum en Lingua Galega outorgado nos V Premios de la Música Independiente para Magnético zen. O artista tamén foi nominado nos II Premios Martín Códax da Música, dentro da sección de Categoría de Autor.

Dende o Concello de Lousame animan a todos os veciños a asistir a este concerto. A entrada é de balde.

7 de abril de 2015 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.