publicidade hoxe

Xincana literaria no marco do programa de ocio In Fene

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O Concello de Fene organiza este venres, 24 de abril, unha nova sesión do programa de ocio educativo “In Fene”, incluído no proxecto municipal “De peques a maiores: compartindo espazos” que pon en marcha a Concellería de Servizos Sociais coa colaboración económica da Deputación provincial da Coruña. Terá lugar no local da AVV de Perlío a partires das 16,30 horas. E, aproveitando a conmemoración do Día do Libro, ten preparado para os rapaces unha xincana literaria. Ademáis, tamén poderán participar nunha acción de bookcrossing, para o que se lles anima a que se acheguen con aqueles libros que desexen liberar. A participación é completamente gratuíta e está dirixido a rapaces de entre 11 e 14 anos.

23 de abril de 2015 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.