Xa están en funcionamento os novos aseos do parque de Xove
O Parque Municipal de Xove, ubicado enfronte da Praza do Centro Cívico, conta dende agora cuns novos aseos. O Concello construiu nun lateral da parte traseira do Pavillón de Deportes uns locais adicados a este fin. O Parque é un lugar central en Xove; usado ao longo de todo o ano por moitísimas persoas, dende mamás e papás cos seus neos ata persoas maiores, xa que conta cunha área con aparellos de mellora física, ten dende agora uns novos aseos, adaptados a persoas con minusvalías. A posta en marcha destes servicios responde a unha demanda dos usuarios, os cales, dende agora, xa poderán disfrutar destas novas instalacións, facilitándolles ao mesmo tempo o uso e disfrute do propio Parque.