publicidade hoxe

Xa está dispoñible a nova zona de xogos infantís no parque José Martí de Santa Cristina

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

A primeira fase da ampliación e mellora da zona de xogos infantís do parque José Martí xa se atopa lista e en funcionamento. Esta nova zona inclúe un novedoso solo de cortiza de piñeiro que cumpre a normativa europea para este tipo de instalacións e que ademais mellora en rendemento e a durabilidade do convencional de caucho. Ao longo dos próximos días comezará a segunda fase desta obra que consiste no acondicionamento e recuperación da zona xa existente de xogos. Estes traballos forman parte do Programa de mellora integral dos parques infantís no que o Concello investiu preto de 300.000 euros e que inclúe tarefas nas 64 instalacións deste tipo coas que conta o municipio.

Ao longo dos pasados días xa foron mellorados os parques das casas do pobo de Dexo, Lorbé e Iñas e os das urbanizacións Icaria II, Icaria III. Ademais están en proceso os da casa do pobo de Nós, casa do pobo de Dorneda, Galeras II, praza de Liáns e urbanización Lamastelle.

30 de abril de 2015 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.