Volve o Xogade de atletismo en pista cunha xornada infantil en Vigo
Tras o parón de semana santa, os atletas da Escola Municipal de Atletismo da Sociedade Ximnástica volveron aos adestramentos para preparar o tramo final de competicións do XOGADE. Este sábado pola mañá no Estadio Balaídos de Vigo, terá lugar a penúltima xornada da categoría infantil á que acudirán preto de 20 atletas da entidade pontevedresa, en busca dunha marca que lle cualifique para o Campionato Provincial do XOGADE.
A longa xornada atlética comezará ás 10 da mañá coa disputa de 5 probas de concurso e 2 carreiras e preto das dúas da tarde concluirá despois de realizarse 17 probas masculinas e 16 femininas. Os atletas terán outra oportunidade para conseguir unha marca que lle meta entre os 16 mellores do ranking que dá acceso ao Campionato Provincial.











